Centro Galego Vitoria
CARLOS NÚÑEZ

CARLOS NÚÑEZ

CARLOS NÚÑEZ

Como todos sabemos este ano é o Ano Xacobeo. E debido á pandemia, 2022 tamén foi declarado Ano Xacobeo, grazas á bula papal. Decisión excepcional… pero é o que é nestes tempos de pandemia que estamos a vivir e que nos están levando a facer cousas especiais.

E no Centro Gallego dende o primeiro momento tivemos claro que tiña que ser un ano especial.

Desde o momento no que se decidiu realizar “a apertura da Porta Santa” tamén en Gasteiz, a unanimidade da xunta directiva foi total. O broche musical tiña que ser espectacular. E… cando se consideraba o nome de Carlos Núñez, era coma un soño. Despois comezamos a equilibrar axendas, datas, localización, cachés…

Grazas á inestimable axuda da Xunta de Galicia e en especial do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o soño fíxose realidade: o 3 de xullo, nun marco incomparable como é a Catedral de Santa María.