MAGOSTO 2022
Este ano íamos celebrar o Magosto nos campos de Estíbaliz, pero debido ao mal tempo tivemos que cambiar de localización, de centro. Celebrámolo cunha comida popular elaborada por varios dos nosos socios e disfrutada por todos. Unha xornada ambientada cos nosos grupos: Arte Galega e Coro Aturuxo. Ademais, puidemos contar co grupo de Llodio como convidado do noso centro. Foi un día moi especial e fermoso.