Centro Galego Vitoria
MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2021

A tradición galega di que as castañas simbolizan a alma do defunto e que, con cada froita que se airea na festa do Magosto, unha alma é liberada do Purgatorio e súmase á celebración.

Con esta responsabilidade, no Centro Galego de Vitoria-Gasteiz afrontamos esta divertida festa arredor da castaña, o lume e o viño o 13 de novembro.

Este ano cambiamos de formato o sábado 13 de novembro coa idea de abrir a festa a máis xente, uns 140 fomos ao merendeiro de Estíbaliz, e tivemos un día moi especial.

O Magosto foi a escusa perfecta para comer, cantar e bailar. Unha xornada festiva para coñecer tanto a socios como a non socios para gozar dunha comida campestre a base de chourizos asados, touciño, empanada e castañas, como non.

Nesta cita culinaria non podía faltar o doce das ricas bicas galegas e unha boa queimada con feitizo incluído.

Durante a comida tamén disfrutamos da música das gaitas de Arte Galega e das cancións do coro Aturuxo, así como do baile e o bo ambiente que reinou durante todo o día entre os asistentes.

Un Magosto non só para socios, senón aberto a todos os amigos do Centro Gallego de Vitoria-Gasteiz que nos acompañaron.