LETRAS GALEGAS 2022
Este ano celebramos as Letras Galegas dun xeito moi especial e facendo actividades para todas as idades que integran o noso Centro Galego.
Comezamos o venres 20 de maio cun concurso de debuxo infantil no noso centro ás seis da tarde. Despois actuou o gaiteiro Ramalleira xunto cos nosos gaiteiros de grupo, unha actuación moi bonita coa que disfrutaron todos os nosos membros.
O sábado 21 de maio comezamos ás 12:00 horas amenizando o barrio de Lakua-Arriaga cun gaita-poteo polos bares da zona xunto cos nosos grupos convidados. Pola tarde comezaron as actuacións. En primeiro lugar, Arte Galega formada por músicos, un grupo de nenos e nenas e o grupo máis avanzado. En segundo lugar, interpretaron “Os fillos de Breogan” do Centro Galego de Pamplona, unha actuación moi bonita. Por último, puidemos gozar do concerto de “Faíscas da Pontraga” que anuncia o seu último lanzamento, “Lorangela”.
Para rematar esta marabillosa fin de semana actuaron a nosa Coral Aturuxo e a coral convidada “Ausartak”.
Aínda rematada a fin de semana, a celebración das Letras Galegas 2022 non chegaba ao seu fin. O sábado 28 de maio tivo lugar a comida popular e posterior foliada do noso grupo.
Para rematar a celebración destas marabillosas Letras Galegas, o domingo 29 de maio levouse a cabo a actividade de contacontos infantil para os máis pequenos da casa. Ademais, pola tarde recital poético musical sobre Rosalía de Castro e Xela Arias a cargo de Ángela Serna e Pilar Corcuera.