ENTROIDO 2023
Como cada ano, o Centro Gallego de Vitoria-Gasteiz participou nos desfiles que se desenvolven polas rúas da cidade, sendo a novena comparsa en desfilar.
Este ano disfrazámonos de noivos e de noivas. As mulleres de branco cun ramo azul feito a man e os homes cun frac azul cun sombreiro de copa para combinar co seu ramo.
Esta vez a carroza quedou moi bonita, coa tarta que nunca pode faltar nas vodas e chea de luces para celebrar o partido.
Os nosos bailaríns escolleron a música que nos ía facer cantar, bailar e pasalo ben coma nunca. Entre eles non podían faltar “El Like” de Paris de Noia, “No me casad compadre” de Puro Relajo e por suposto o “Danube Azul”, canción coñecida por ser bailada pola parella o día da voda.
Este ano superámonos en número de comparseiros e pasámolo de marabilla. Agardamoste o ano que ven!