Centro Galego Vitoria
RUTA GASTRONÓMICA 2022

RUTA GASTRONÓMICA 2022

RUTA GASTRONÓMICA 2022

Como o ano pasado, para seguir celebrando o ano Xacobeo disfrutamos da Ruta Gastronómica por distintos bares de Vitoria.

Comezou o 23 de xuño e rematou o 21 de xullo, todos os xoves destas cinco semanas os nosos socios e non socios puideron degustar un pintxo Xacobeo en cada un dos bares participantes. O mecanismo de participación foi exactamente o mesmo que en 2021, primeiro xoves no que se debe solicitar a credencial para comezar a percorrer a Ruta Gastronómica. Cada pintxo ten un selo, iso si, para poder participar no sorteo final hai que ter cinco selos diferentes nunha credencial.

Nesta ocasión tivemos bares que xa participaron a última vez e bares novos, pero todos os pintxos estaban moi saborosos!! Participan este ano: Restaurante Centro Gallego, Trasgu Fartón-Centro Asturiano, Bar Itxaso, Bar Munich, Bar Amapola, Bar La Sonsierra, Bar La Perla, Bar Camilo, Bar Carballinesa e Bar Hegoalde II.

Por último, na celebración do noso Apóstolo Santiago, o 25 de xullo, realizouse o sorteo do afortunado que viaxa a Galicia por ter participado nesta marabillosa Ruta Gastronómica.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!