Centro Galego Vitoria
25 DE XULLO, SANTIAGO 2022

25 DE XULLO, SANTIAGO 2022

SANTIAGO 2022

O 25 de xullo é un día moi importante para Galicia e para todos os galegos do mundo. É o día da Patria Galega e de Santiago Apóstol.

No noso centro celebrámolo ao máximo e durante unha semana chea de actividades.

Comezamos cun concerto da Banda Unión Musical de Allariz o martes 19 de xullo. Foi un concerto magnífico e asistiron moitos socios e non socios.

O xoves 21 de xullo tivemos no centro unha exposición de pintura de Pury Beltrán de Heredia. Ademais, Vicente Touzon, un dos nosos socios, presentou o seu libro “Angeles encadenadas”.

 

A fin de semana de celebración comeza coa apertura da carpa “picaculpo” e das atraccións do recinto feiral o venres 22 de maio ás 14:00 horas. Este mesmo día pola tarde recibimos a visita de diversas autoridades no salón de actos do noso centro, acto que estivo acompañado por varios dos nosos músicos. Pola noite puidemos bailar co grupo “Brisa marismeña”.

 

A fin de semana apenas comezara. O sábado pola mañá púidose gozar da gaita-poteo que interpretaba o grupo na contorna do centro. Ademais, houbo campionato de Chave, Rana e Sokatira.

 

Pola tarde actuou o grupo Arte Galega. Grupo formado por gaiteiros, tamborileiros, pandereteiras e bailaríns.

 

Ás 21:00h a orquestra “Stereo” fíxonos gozar de varias cancións igual que ás 23:00h. Unha gran festa!

 

O domingo pola mañá volvemos gozar da gaita-poteo. A orquestra “Stereo” fíxonos bailar de novo, esta vez en tres sesións diferentes: ás 14:00 h. ás 21:00 h. e ás 23:00 h. Ademais, a nosa Coral Aturuxo deleitounos ás 18:00 horas. coa súa gran actuación.

 

Para rematar a celebración de Santiago, o luns 25 de xullo tivo lugar a procesión coa imaxe de Santiago Apóstol dende o Centro Gallego ata a igrexa de San Vicente de Arriaga e posterior misa. Despois da misa houbo unha comida de confraternización no restaurante Centro Galego e unha foliada co grupo Arte Galega.